viernes, 13 de junio de 2014

Os países da UE poderán dicidir se cultivar productos transxénicos

Case todos os países da Unión Europea (UE) ratificaron onte o acordo alcanzado a finais de maio polo que cada Estado poderá dicidir se autoriza o cultivo de transxénicos no seu territorio, e intentarán ahora que o Parlamento Europeo o acepte. "Tódolos Estados, exceptuando Bélxica e Luxemburgo, deron o seu acordo a este compromiso", anunciou o ministro grego de Medio Ambiente, Loanis Maniatis, cuxo país preside actualmente a UE, nunha reunión cos seus homólogos en Luxemburgo.
España era un dos países que máis traballou para lograr este acordo. Na actualidade xa se cultiva na UE un maíz transxénico autorizado en 1998 nunha superficie de 150.000 hectáreas. O 90% dos cultivos concéntranse en España, pero tamén hainos en Portugal, República Checa, Rumanía e Eslovaquia. No 2010 autorizouse o cultivo da pataca transxénica Amflora, pero deixouse no 2011.
Este nuevo marco permite a cada Estado prohibilo cultivo de organismos xenéticamente modificados (OGM) autorizados pola Comisión ou na totalidade do seu territorio, por razóns de orde público, ordenamento do territorio ou loita contra a diseminación, ademáis dos motivos aceptados hata agora vinculados á saúde ou ao medio ambiente. Sen embargo, os Estados non poderán prohibilo tránsito polo seu territorio de OGM autorizados. Este acordo abre a porta ao cultivo de OGM na UE, unha medida que os productores de cereal esperan dende fai 14 anos.
O acordo é unha etapa no proceso. O próximo paso é unha negociación co Parlamento Europeo, que comezará a funcionar tralas eleccións de maio o próximo 1 de xullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario